jueves, 3 de noviembre de 2011

VERDE

Rotuladores sobre papel




















VERDE
Amor a NATUREZA. A cor da VIDA e da ESPERANZA. Renovación cíclica e liberdade. Verde imaxe da árbore, onde as raíces medran nas alturas e dominan os ámbitos ancestrais... Árbore coma fonte de vida e sabiduría, pola ignorancia do seu comezo e pola universalidade da súa extensión, é tamén, símbolo do cosmos. Dentro del, escóndese o segredo, a verdade lonxeva. O val do noso pensamento quere ser o pensar que recobra o aire creado polo bosque. O misterio do bosque e da montaña, incítanos a meditar co vento e a frouma. Bosque coma santuario que perdura, enmarañada mente verde. O poeta e filósofo que camiña polo bosque, fala do verbo húmido das follas, e na profundidade sanguínea do seu corpo pensan os mouchos no segredo da noite. Coma os pensadores antigos, veneremos a NATUREZA, xa que nela se baralla o máis indecible.
Cosmos vivo en perpetua rexeneración, erguido fronte un futuro sen cualidades absolutas.
O que camiña fóra da baldosa xeada da orde, elude a lei e a institución, e avanza polo chan pintado de plantas e pedra. O camiño errante é un non ir hacia ningunha parte. Cada nova pegada crea unha vibración, e así a terra que se camiña, faise tambor.
O eco resoa na MONTAÑA, na pedra totémica, pola súa sencilla presencia.
Experiencia arcaica do chamán da terra preta. 

2 comentarios:

Gigante Verde y Mutante. dijo...

muy mutante, un saudo (Tato)

Drago dijo...

bienvenido a mi mutante mundo, Tato! ;)