jueves, 21 de febrero de 2008

Persoaxes mergullados

A vida éche ben rara...
Persoaxes distintas crúzanse nas rúas.
Teitos de aforros azúis,
nubes de borralla.
Peixe no que descansan os namorad@s.
Fragas de psilocibes anuncian a espina da vela.
Baixo escaleiras,
e a modiño mergullo no alén.
A memoria das algas no bandullo dun loro.
Guardiana das ialmas fumadoras.
A contradicción do núcleo emerxente,
enerxético labirinto de fortes fíos.
Ratiña meiga iluminada
enmeigalla toda esta encrucillada.
Mentras, a porta
mantense aberta
esperando outra pupila.

3 comentarios:

alfazinha dijo...

.........
....sin palabras, artista!!!! Me flipan tus dibujos, se q ya te lo dije alguna vez, pero...tengo q repetirlo, jejeje!!! y me encantaría muchísimo q me pintaras algo pa mi nueva republica independiente en compostela! MMMMMUuuuuuuuuuuuAAAAAAAAA!!!!

O Fifo dijo...

gústame, realmente gustame. estou super orgulloso de ti, miña nena

Drago dijo...

Fifiñoooo!!! ¡felicidades!!! sinto non ir a tua festa e a da Nuripú..espero que o pasárades de puta madre.A ver si nos vemos pronto, ánimo e saúde!.E graciñas!.unha aperta forte